O Muíño de Lucho
O Muíño de Lucho é un antigo muíño coidadosamente restaurado por nós. Sito á beira do río, en plena Costa da Morte, é un aloxamento singular de 12 m² para 2 persoas que combina tranquilidade, natureza e encanto.
Con utensilios básicos para cociñar e servir 2 persoas.
Inodoro, toallas, secador, xabón e ducha de 55×55 cm.
Cama de 135 cm con acceso por escaleira abatible.
Para garantir o teu benestar durante a túa estancia.
Iluminada con cadeiras e unha mesa á beira do río.
O legado da nosa familia
(e de quen moía aquí)
Descubre a historia deste muíño, das persoas que lle deron vida durante xeracións e do proceso de restauración que o devolveu á beira do río.
Estamos aquí para resolver calquera dúbida que teñas antes ou durante a túa estancia no noso muíño na Costa da Morte.
O Muíño de Lucho é un refuxio singular deseñado exclusivamente para unha estancia íntima de un máximo de 2 persoas adultas. Por motivos de espazo e seguridade non se permiten nenos nin bebés.
¡Por suposto! As mascotas son benvidas sempre baixo comunicación previa ao facer a reserva. Só vos pedimos que teñades en conta que, ao tratarse dun espazo de 12 m², o voso compañeiro debe sentirse cómodo en dimensións reducidas. Para calquera dúbida sobre a estancia coa túa mascota, podes escribirnos a omuinodelucho@gmail.com.
Non, lamentablemente o espazo non está adaptado. Para acceder á zona de descanso do altillo é necesario subir por unha escaleira abatible de madeira, polo que non se recomenda nin se permite o aloxamento a persoas con mobilidade reducida.
Non. Deseñamos este espazo como un refuxio de desconexión real. Non atoparás pantallas nin rede Wifi; o único son que te acompañará aquí é o do discorrer da auga do río. A oportunidade perfecta para apagar o ruído dixital.
Atopámonos nun enclave idílico á beira do río en Ponte do Porto (Camariñas), en plena Costa da Morte. O acceso é moi sinxelo por estrada e daremos os detalles exactos e instrucións de chegada ao confirmar a reserva. Ademais, terás todos os servizos básicos (supermercados, farmacia e restaurantes) a un paso do muíño.
Estamos nunha localización estratéxica para explorar toda a Costa da Morte. A praia máis próxima, a area de Arou, e a Ría de Camariñas atópanse a pouco máis de 3 km do muíño. Ademais, a nosa situación é inmellorable para explorar puntos emblemáticos como o Cabo Vilán, Muxía e outros moitos recunchos únicos da zona.
